Como a páxina do
Centro Superior Bibliográfico de Galicia e a súa
biblioteca dixital semellan estar eternamente en obras, decido pasarme pola dos
vicinhos do sul. A
Biblioteca Nacional Dixital e outra destas grandes iniciativas para crear coleccións nacionais de obras dixitais ou dixitalizadas online. Centos de obras históricas reproducidas dixitalmente e organizadas en grandes áreas temáticas (
Ciencia,
Historia,
Lingua,
Literatura, etc), o cerne da cultura escrita portuguesa, accesíbeis ao interesado a través da rede.
Pero a
BND e mais que isto: ademais dos catálogos (
PORBASE) e
bibliografías nacionais de agardar, ou un arquivo de páxinas web, contén a base de datos
DiTeL.
DiTeL (Dissertações e Teses Digitais) é unha colección de teses en formato dixital, contando na actualidade con perto de 170 de estas obras, accesíbeis parcialmente (índices, xeralmente) ou na súa totalidade.
Este interesante proxecto forma parte de
NDLT (Networked Digital Library of Theses and Dissertations), unha iniciativa internacional para promover a "adopción, creación, uso, diseminación e preservación de equivalentes electrónicos ás tradicionais teses e tesinhas en papel".
A lista de
institucións participantes é longa, con mais de 210 consorcios e universidades, a maioría norteamericanas (a orixe é a
Virginia Polytechnic Institute and State University), pero tamén están as universidades catalanas (a través de
TDX), as francesas (
CCSD) e as alemanas (
dissonline.de), por exemplo. Útil e importante recurso é o seu
catálogo centralizado. Mais información sobre teses en formato dixital na
Guía das TTE da UNESCO, que ate conta con un
blog proprio.