19.9.04

Guía do Software para Repositorios Institucionais

Entérome no sempre excelente e interesante Catalogablog (que blog bibliotecario non ten a páxina de David Bigwood entre as ligazóns de referencia?) de que a Budapest Open Access Initiative ven de publicar a "Guide to Institutional Repository Software v 3.0", 36 páxinas (pdf) que inclúen descripcións, contactos, táboas comparativas, etc. de programas como Eprints, Fedora, ARNO e varios outros.

Xa rematei de ponherme ao día con os máis de 2.500 posts que atopei á volta das vacacións no meu Bloglines, menos mal que era Agosto. A partir de agora novidades.

15.9.04

Guías temáticas

Ven de colgarse na páxina web da biblioteca na que traballaba até fai unhas semanas unha pequena guía de recursos sobre o fascinante tema da propiedade intelectual: agradecería comentarios.