14.12.04

Máis Google!

Parece que Google toma as bibliotecas e os seus contidos a serio: tres semanas despois de lanzar Google Scholar, desde Mountain View anúnciase outro grande proxecto "bibliotecario", a dixitalización de varios MILLÓNS de libros das bibliotecas de Stanford (onde Brin e Page trabalharon nun proxecto de biblioteca dixital como posgraduados) e Michigan, e coleccións das de Harvard, Oxford e a New York Public Library. As obras a dixitalizar non se limitarán ás de dominio público (publicadas pre 1885 aproximadamente, para as que tenhan autor ou editor), parece ser, ao menos no caso de Stanford, aínda que o acceso a éstas será libre (e sen publicidade), mentras que ao resto sera parcial.

Por suposto son numerosísimos os proxectos de dixitalización existentes ou completados, pero o tamanho, a publicidade e a accesibilidade desta nova iniciativa son extraordinarios. Máis información en Searchblog e tamén en ResourceShelf. É unha boa notícia, non? Iso sí, agardemos que esta megaempresa se leve a cabo respectando os orixinais como é debido, que no pasado varios proxectos norteaméricanos foron menos que adecuados neste senso.