10.7.04

Not BAD!

Publicáronse onte na páxina web da BAD (Associação Portuguesa de Bibliotecários, Arquivistas e Documentalistas) as Actas do VIII Congreso Nacional da asociación profisional portuguesa, celebrado en maio deste ano. Están así disponíbeis, maiormente en texto completo (pdf), as comunicacións lidas ao longo dos tres días, entre as que destacamos a dos Serviços de Documentação da Universidade do Minho sobre o seu repositorio dixital de literatura académica ou a de José Borbinha (Biblioteca Nacional – Direcção de Serviços de Inovação e Desenvolvimento) sobre a Biblioteca Nacional Digital e a preservación de materiais, por escoller dous temas tratados neste blog.

De obrigada leitura é a DECLARAÇÃO DO ESTORIL, o manifesto da profisión bibliotecaria portuguesa a favor do acceso libre (subscrebendo as declaracións de Budapest, de Berlín e da IFLA) e en contra do pago de taxas polo empréstimo en bibliotecas publicas, en relación coa implementación da famosa directiva 92/100/CEE. Unha asociación/colexio profisional forte e con ideas claras sobre temas importantes como estes é necesaria para os traballadores do sector e sobre todo para a sociedade que en último termo servimos.

2 Comments:

Anonymous wholesale clothing said...

Nice post!
2945abc45 0128

28 January 2011 at 07:30  
Anonymous Anonymous said...

Pretty good post. I just stumbled upon your blog and wanted to say that I have incredibly enjoyed reading your blog posts. Any way I will be subscribing to your feed and I hope you post once more soon. china wholesale
china electronics

16 March 2011 at 07:55  

Post a Comment

<< Home