22.12.12

Novas

Art Resources Online blog: http://artresourcesonline.wordpress.com 

14.12.04

Máis Google!

Parece que Google toma as bibliotecas e os seus contidos a serio: tres semanas despois de lanzar Google Scholar, desde Mountain View anúnciase outro grande proxecto "bibliotecario", a dixitalización de varios MILLÓNS de libros das bibliotecas de Stanford (onde Brin e Page trabalharon nun proxecto de biblioteca dixital como posgraduados) e Michigan, e coleccións das de Harvard, Oxford e a New York Public Library. As obras a dixitalizar non se limitarán ás de dominio público (publicadas pre 1885 aproximadamente, para as que tenhan autor ou editor), parece ser, ao menos no caso de Stanford, aínda que o acceso a éstas será libre (e sen publicidade), mentras que ao resto sera parcial.

Por suposto son numerosísimos os proxectos de dixitalización existentes ou completados, pero o tamanho, a publicidade e a accesibilidade desta nova iniciativa son extraordinarios. Máis información en Searchblog e tamén en ResourceShelf. É unha boa notícia, non? Iso sí, agardemos que esta megaempresa se leve a cabo respectando os orixinais como é debido, que no pasado varios proxectos norteaméricanos foron menos que adecuados neste senso.

21.11.04

Google Scholar: resumo

A blogosfera bibliotecaria volveuse tola con Google Scholar, e non é extranho. Este é un pequeno resumo (actualización do que fixen fai dous días como comentario a un post sobre o tema na excelente Bido) das evaliacións máis interesantes sobre o novo producto de Google.

O espectro dos comentarios vai dende o de It's all good, que o trata de cambio paradigmático, quasi apocalíptico ("This is how scholarly material is going to come to the people") aos de Jessamyn West, quen salienta varios dos seus problemas como producto e como fenómeno relacionado coas bibliotecas ( "will become inaccurately synonymous with find it in a research paper. Librarians know the difference, does everyone else?"). Excelente o post en Resource Shelf, que fala de "golden opportunity" para a comunidade bibliotecaria (Digital Librarian máis ben o trata de chamada de atención: "We need to stop be re-active, and start being proactive. Our venders are not going to move us forward in the ways we need; they are reactive to our needs, not to our future"). Tamén paga a pena ler o post de onte en BiblioAcid.

Dicir só que Google Scholar está ainda en beta (e tanto: as facilidades de busqueda son mui limitadas - autor: só admite una palabra, e palabras en título e en url) e que a posibiblidade de ver as citas a un artigo nun clic é impresionante, e sobre todo que menciona constantemente as bibliotecas na súa pagina de axuda e nos resultados, publicidade gratuita.

9.11.04

Firefox 1.0

Un post pouco bibliotecario e menos orixinal: a versión 1.0 do navegador Firefox xa está disponivel na páxina da Fundazón Mozilla. Nós levamos ao usar xá varios meses e unímonos ao coro: se ainda non o usas, deixa o Microsoft IExplorer e desfruta dunha navegación de calidade superior. Se todavía queda alguén non sabe porque debería pasar do un ao outro, Phil Bradley, no seu reputado blog bibliotecario, sumariza varios motivos.

Agora que xa ten versión oficial haberá que empezar ao ofrecer nos PC públicos das bibliotecas para atender á demanda pública e/ou educar aos usuarios menos ilustrados.
Outro blog bibliotecario, Research Buzz, comenta unha posibiblidade para poder usar Firefox en computadores que non tenhan o programa instalado: Portable Firefox pode instalarse nun USB (incluíndo favoritos, etc) e levarse ao terreo do enimigo.

O movemento do software libre (de código aberto) entra na casa dixital do usario medio como raposo en galinheiro.




8.11.04

ISBN-13

Por fin tieven un momento para botarlle un vistazo ao novo número de Ariadne (No. 41, Outubro 2004), e de ler algo: o artigo (ISBN-13: New Number on the Block de Ann Chapman) sobre o novo ISBN de 13 díxitos que será empregado a partir de Xaneiro do 2007 (o periodo transitorio empeza dentro de 13 meses!) é do máis completo que hai e ademais mui clarinho, entendín todo.

Outros artigos neste número do xornal:
The Tapir: Adding E-Theses Functionality to DSpace
Richard Jones
Improving Communications within JISC through News Aggregation
Paul Davey
Developing Portal Services and Evaluating How Users Want to Use Them: The CREE Project
Chris Awre, Matthew J Dovey, Jon Hunter, William Kilbride and Ian Dolphin
The Dawning of DARE: A Shared Experience
Annemiek van der Kuil and Martin Feijen
What Do Application Profiles Reveal about the Learning Object Metadata Standard?
Jean Godby

5.11.04

ebooks e o futuro

UKOLN, organismo coordinador de proxectos dixitais no Reino Unido, publicou nas súas series documentais (no. 2, Xullo 2004) unha interesante análise sobre o uso de libros electrónicos en bibliotecas públicas británicas. Polo momento está nun nivel prácticamente experimental, e non só neste pais, pero ten unha evidente relevancia de cara ao futuro.

Nas notas deste estudo atopo unha excelente referencia, o artigo de Clifford Lynch "The battle to define the future of the book in the digital world", publicado fai xa tres anos no mítico xornal adicado á internet First Monday, pero de total actualidade. É un lúcido e relevante exame das diferentes visións alternativas sobre o futuro do libro no contexto dixital e as súas implicacións económicas, legais e socio-culturais. E por suposto para as nosas bibliotecas.


William Gibson

2.11.04

Libweb - Bibliotecas vía web

Da man do SunSITE (Sun Software Information & Technology Exchange) da biblioteca da U.C. Berkeley, encargado de construir coleccións dixitais e servicios para información e soporte de desenroladores e bibliotecarios do dixital -e do que tal vez outro día falemos en profundidade na súa faceta máis tecnolóxica- atopamos Libweb, un servizo de directorio para servidores web de bibliotecas que se actualiza diariamente, e que permite búsquedas por localización, nome ou materia (entre outras) das 7100 páxinas de bibliotecas de máis de 115 paises que referencia a día de hoxe.

Un excelente recurso para descubrir bibliotecas do mundo.