1.7.04

Franceses e holandeses

Outra volta co tema da catalogación de recursos na rede: entre os rexistros do día en Humbul (a sección de RDN adicada as humanidades), un vello bookmark: a web da Bibliothèque Nationale da Francia. Conheciamos os catálogos e incluso sabiamos da existencia de Gallica, pero non imaxinabamos, até que lemos a descrición na ficha recén feita, que esta colección dixital conta xa con mais de 70.000 obras, e é unha das maiores bibliotecas virtuais da rede. Clásicos da cultura francesa e libros de viaxe africanos, as fotos de Adget ou manuscritos iluminados medievais (como esta fermosa Historia de Merlín), é unha rica biblioteca. E eu gastando os cartos nos Folio Gallimard.

Mondrian 'Composition with red, yellow and blue'

Publicouse tamén hoxe o número de Xullo da Internet Resources Newsletter, un excelente boletín electrónico mensual que da noticia de novas páxinas web, blogs, etc. de interese para o mundo académico. Enterámonos aquí de que Elsevier, o xigante holandés das publicacións científicas, muda de política e anuncia que vai permitir que os autores fagan accesibel na súa paxina web ou na paxina da institución académica á que pertenzan a copia final do seu artigo tal e como é publicado no xornal de que se trate. Importante avance do libre acceso.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home