29.6.04

Unha a conta da casa

Publicouse hoxe a ultima edicion do indice xeral analitico do boletin de Freepint, que, para os que non sexan familiares co nome, e o foro virtual dunha comunidade formada por mais de 60000 profisionais (maiormente bibliotecarios e documentalistas britanicos) que usan a rede para o seu traballo. A paxina web ten varias seccions, como critica de novas publicacions, bolsa de traballo, seccion de referencia rapida, eventos, e a minha favorita, o BAR. A pesar de que non serven Chablis nen Madeira, esta entre os meus favoritos: cada dia mais dunha ducia de usuarios deixa cuestions e peticions de axuda (que ian, esta manha, desde onde atopar artigos presentados no V Simposio de Xeoquimica Medioambiental, ou datos estadisticos sobre a potencia media dos computadores domesticos, ate discusions sobre pros e contras de diversos sistemas de xestion bibliotecaria), e receben numerosas respostas entre bastante cualificadas e totalmente maxistrais. O boletin existe desde 1997 e distribuese quincenalmente por correio electronico entre os membros rexistrados (por suposto o rexistro e gratuito) e pode consultarse en diversos formatos aqui.

1 Comments:

Anonymous wholesale phone said...

Keep on posting!!! 2945abc45 0128

28 January 2011 at 07:11  

Post a Comment

<< Home