Blogs nas bibliotecas universitarias
Uthink sona a titulo de disco de rap dos 80, mais é o nome dunha interesante iniciativa bibliotecaria para promocionar a utilización de blogs no ámbito académico (e subtitúlase "Blogs at the University Libraries", que non penso sexa o caso de ningunha desas gravacións).
As bibliotecas da universidade de Minnesota buscan explorar e difundir diferentes usos do conceito de blog nas aulas: suxiren aos profesores usalos como medio para debater temas concretos na clase (como neste exemplo), como forma de presentación de traballos académicos, para publicar ideas e esbozos de investigación ou para explorar areas concretas e publicitar ligazóns e noticias relacionadas, por exemplo. Aos estudantes anímanos a bloggear como novo sistema de organizar apuntes sobre unha materia, animar a vida persoal ou organizativa, etc.
A biblioteca universitaria propón os blogs como "instrumentos ideais para a promoción da liberdade académica e intelectual" no ensino superior "criando comunidades de intereses comúns". Para os interesados en cuestións técnicas utilizan Movable Type e aloxan neste momento 357 blogs, entre eles 64 de docentes e 52 do persoal non académico. Mais información nesta outra páxina.

2 Comments:
Obrigado, Catuxa. Xa conheciamos SciencePort, un directorio de feeds (XML) academicos, feito desde Alemnaha por un estudante de antropoloxia e un quimico. Ainda que esta empezando e so conta con aproximadamente un milleiro de referencias concordo en que pode ser un bon recurso. Tes algunha informacion mais sobre o proxecto? Non aparece muita na paxina...
Seguindo co tema dos directorios de feeds (RSS, ATOM, etc), venho de descubir un baseado na clasificacion de DMOZ. Chamase, que orixinal, RSSfeeds e o url e: http://www.rssfeeds.com/
A diferencia de SciencePort non aparecen nin Deakialli nin Bibliobus. Mui mal... (ainda que parece que esta feito con spider, asi que sera cuestion de tempo).
Post a Comment
<< Home