12.7.04

Máis acceso libre

Leo hoxe a través do meu Bloglines os posts e noticias da fin de semana (non todo vai ser bloggear!): en Open Access News, o meu blog de referencia nos ámbitos do acceso libre, entérome de que o xornal americano Library Hi Tech News publica no seu último numero (21:5 pp. 22-30) o segundo dunha serie de tres artigos introdutorios sobre repositorios e bases de datos de acceso libre recentes. O seu autor é Gerry McKiernan, bibliotecario de ciencias e tecnoloxía da Iowa State University e habitual escritor sobre estes temas.

No primeiro artigo da serie (21:3 pp. 11-19), "Open Acces Initiative Data Providers. Part I: General", McKiernan facía unha panorámica de proxectos recentes como Digital Library of the Commons, E-LIS: E-prints in Library and Information Science, INFOMINE, e o Open Video Project. O recen publicado segundo, "Open Archives Data Providers Part II: Science and Technology", fai o propio nestes campos, con Bioline International, CERN Document Server, Digital Library for Earth System Education e Organic Eprints. Agardamos impacientes a terceira entrega desta excelente serie.

Nota: esta serie de artigos publícase na sección regular do autor no citado xornal, E-Profile, onde o ano pasado víu a luz outra serie de tres, complementarios da presente, sobre buscadores especializados de materiais académicos de acceso libre ("OAI service providers"): "Open archives initiative service providers. Part I: science and technology", "Open archives initiative service providers. Part II: social sciences and humanities" e "Open archives initiative service providers. Part III: general".

0 Comments:

Post a Comment

<< Home