13.7.04

Integración de recursos en Alemanha

Lendo o último número do IFLA Journal atopo un artigo de Martin Bomeke (30:1 pp. 47-54) sobre ViFaTec, un portal académico alemán de recursos no campo das enxenharías. Como outros dos comentados aquí previamente, esta baseado nunha biblioteca universitaria de referencia no seu campo (neste caso a TIB, a Biblioteca Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) e é mantido por bibliotecarios. Busca consolidar recursos de calidade existentes (paxinas web, repositorios, catálogos, bases de datos, etc.) nun único ponto de acceso, nun caminho que muitas iniciativas partillan actualmente: a integración.

ViFaTec fai parte nunha iniciativa nacional alemana, [vascoda], o portal dos portais académicos alemáns. Diferenciase de outras, como por exemplo a británica RDN, en que non e un simple buscador de entradas de catalogo sobre recursos na internet, senon que integra os propios recursos (incluíndo bases de datos, catálogos, artigos e libros electrónicos, etc.) na busca e permite acceder a eles directamente. Na actualidade mais de 30 institucións e cerca de 30 diferentes servizos forman parte deste proxecto, sobre o que se pode atopar mais información aquí.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home