A blogosfera bibliotecaria volveuse tola con
Google Scholar, e non é extranho. Este é un pequeno resumo (actualización do que fixen fai dous días como comentario a un post sobre o tema na excelente
Bido) das evaliacións máis interesantes sobre o novo producto de Google.
O espectro dos comentarios vai dende o de
It's all good, que o trata de cambio paradigmático, quasi apocalíptico ("This is how scholarly material is going to come to the people") aos de
Jessamyn West, quen salienta varios dos seus problemas como producto e como fenómeno relacionado coas bibliotecas ( "will become inaccurately synonymous with find it in a research paper. Librarians know the difference, does everyone else?"). Excelente o post en
Resource Shelf, que fala de "golden opportunity" para a comunidade bibliotecaria (
Digital Librarian máis ben o trata de chamada de atención: "We need to stop be re-active, and start being proactive. Our venders are not going to move us forward in the ways we need; they are reactive to our needs, not to our future"). Tamén paga a pena ler o post de onte en
BiblioAcid.
Dicir só que
Google Scholar está ainda en beta (e tanto: as facilidades de busqueda son mui limitadas - autor: só admite una palabra, e palabras en título e en url) e que a posibiblidade de ver as citas a un artigo nun clic é impresionante, e sobre todo que menciona constantemente as bibliotecas na súa pagina de axuda e nos resultados, publicidade gratuita.