28.6.04

Xornais de acceso libre

Avisa un contacto do sector informatico duro (o padrinho deste blog, Dani Blanco), dunha paxina mui interesante: CiteSeer IST, un buscador de artigos cientificos en pdf e postscript na rede. A iniciativa esta patrocinada pola National Science Foundation e Microsoft Research, e software e algoritmos son libres para usos non comerciais, polo que pode ser utlizado para bibliotecas dixitais de xornais de acceso libre, por exemplo. CiteSeer.IST non e unha coleccion documental, senon un potente instrumento de busca que ten como obxectivo facilitar o acceso e a difusion de traballos cientificos existentes na internet. As coleccions de xornais cientificos non de pago son numerosas: Free Full Text (Scientific Reference Resources), con mais de 7000 titulos, Electronic Journals Library (EZB) (universidade de Regensburg e universidade tecnica de Munich), cerca de 22000 titulos, dos cais 7000 gratuitos, e o Directory of Open Access Journals (DOAJ) (universidade de Lund), con mas de 1300, dos que cerca de 300 estan indexados a nivel de artigos (mais de 50000), estan entre as mais destacadas. Outros como Online books page - serials (universidade de Pennsylvania) ou looksmart Find Articles (Looksmart Ltd) son proxectos mais limitados. Non imos polemizar (hoxe) entre xornais e coleccions dixitais de acceso libre e bases de datos e subscripcions de pago, pero calquera biblioteca, especialmente academica, poderia facer peor que difundir estes recursos gratuitos entre os seus usuarios.

1 Comments:

Anonymous smart phones said...

Keep on sharing!!!I love your blog!!!

2945abc45 0128

28 January 2011 at 07:12  

Post a Comment

<< Home