9.10.04

Bibliotecas e portais

Un artigo de Lorcan Dempsey (VP Reasearch, OCLC) publicado no número de Outubro de Update (tenho que recordar que quedan só dous meses para renovar o meu carnet de CILIP: algún membro galego-lusófono entre os leitores?) lévame a ler o máis extenso "The recombinant library: portals and people", que tamén sobre o mesmo tema publicou fai perto de un ano.

Son 38 páxinas en pdf, nas que analiza os usos e as posibilidades futuras dos portais e a súa arquitectura, no contexto bibliotecario e de internet. Para os que non conhezan ao autor dicir só que ten unha experiencia excepcional no campo: foi Director de UKOLN (UK Office for Library and Information Networking), co-Director de RDN (Resource Discovery Network, sobre a que xa temos falado neste blog en varias ocasións) e Director de DNER (Distributed National Electronic Resource).

3.10.04

Ciencias da Saúde

Mentras agardamos a que se publiquen as actas da "9th European Conference of Medical and Health Libraries" (astracts das intervencións si se poden consultar na páxina web do evento), celebrada en Santander entre o 20 e 25 do mes pasado, exploro o mundo da biblioteconomía médica e fico relativamente sorprendido da importancia deste ramo da profisión: o C17, catálogo colectivo estatal espanhol de publicacións periódicas médicas e afíns, conta máis de 500 bibliotecas participantes, entre elas 30 na Galiza. Hospitais, insitutos de investigación, facultades, departamentos gubernamentais e até bibliotecas públicas forman parte de este saudabel sector.

Hipocondría.

Hipocondríaco

Anuncio: 6 contas gmail para repartir. Interesados pónhanse en contacto e comenten o muito que gostan, ou non, deste blog (Gustavo.Grandal@gmail.com).

Bibliotecas dixitais

JoDi: Journal of Digital Information ven de sacar o número especial (5:3) Digital Libraries and User Needs, no que se discuten conceitos como o do desenho participativo, centrado no usuario ou os modelos de administración compartidos.

A biblioteca dixital de recursos educativos ERIC (Education Resources Information Center), patrocinada por o Institute of Education Sciences e o Departamento de Educación norteamericanos, e que comenzou a súa andaina o mes pasado, fixo disonibeis máis de 107.000 documentos en texto completo esta semana. Este proxecto inclúe ademais unha base de datos bibliográfica con máis de 1.1 millóns de rexistros que se remontan a 1966.

2.10.04

Berners-Lee e a rede que ven

A Technology Review publica no seu último número (Outubro 04) unha entrevista co extraordinario Tim Berners-Lee sobre a web que ven, a fascinante "web semántica", que empregando RDF e XML está en caminho de revolucionar o uso da información na rede. Máis información na páxina do W3C adicada á Semantic Web.

Aproveito para recomendar a quen non o tenha feito xá, a leitura do seu libro Weaving the Web, a historia e o futuro da www polo seu inventor, e para todos os públicos. Deberia ser obligatoria nas escolas - e muito máis nas de biblioteconomía.