17.8.04

Optimismo

Open Access Now, o boletín de BioMed Central sobre publicacións de libre acceso e as ciencias da saúde, ven de cumplir un ano e inclúe no seu número 19 un optimista editorial sobre o movimento OA ao longo deste período. Tamén trae unha entrevista con Ian Gibson, o presidente da comisión de ciencia e tecnoloxía da camara dos comúns britanica, sobre o famoso informe encol do modelo de publicacións científicas.

Engadir unha nota persoal: servidor marcha manhá de vacacións e participa plenamente desta atitude. Boas vacacións para todos.

Cantil

14.8.04

Máis software bibliotecario

Outros dous sistemas de xestión bibliotecaria de balde: Open-ILS, creado por un consorcio de bibliotecas públicas norteamericanas e Biblio, made in Galiza por José A. Graña, profesor do CEIP de Petelos, Mos. Tamén unha listaxe feita pola UNESCO do mesmo material, parte do UNESCO Free Software Portal. O senhor ministro usa, e promove, nós tamén.

Ministro Gilberto Gil
Imaxe tirada dos Bibliotecários Sem Fronteiras

8.8.04

FRBR

Requerimentos Funcionais dos Rexistros Bibliográficos (Functional Requirements for Bibliographic Records, FRBR): a pesares de que a IFLA publicou o seu informe sobre estas recomendacións no 1998,a recente aparición en libro dos Principios de catalogación, nas que aparecen integradas, e sobre todo, a presentación de proxectos que as ponhen en práctica, nomeadamente FictionFinder de OCLC, as convirten nunha das siglas de actualidade.

Thomas Hickey, Edward O'Neill e Jenny Toves, de OCLC Research, publican no último numero de D-Lib (8:9), Experiments with the IFLA Functional Requirements for Bibliographic Records (FRBR), interesante análise dos traballos levados a cabo neste campo pola cooperativa norteamericana.
Nesta páxina tenhen máis información sobre estes proxectos, incluindo o prototipo FictionFinder (o futuro é fermoso).

Internet fonte de recursos

Ven de se publicar o manual máis completo sobre as novas tecnoloxías da información feito en galego: Internet fonte de recursos.
Emiliano Gómez, responsable da sección Pc Práctico do xornal Codigo Cero e profesor da USC, é o autor deste "manual para internautas de tódolos niveis". Ao longo de máis de 400 páxinas repasa "varios centos de recursos para acceder a toda a información e ás novas dispoñibles na rede" e "inclúe un glosario informático e a listaxe das 500 webs máis visitadas de Galicia".
Máis informacion aquí.

2.8.04

Tesauro artístico

Desculpen, pero antes de ser bibliotecario estudei Historia da Arte: venho de descubrir un excelente tesauro de termos artísticos (en inglés...) da J. Paul Getty Trust. Máis de 33.000 termos, descripcións, citas bibliograficas e outras informacións, é un tesouro.

Noutra orde de cousas, aqui tenhen unha exhaustiva guía de uso e conservación de CDs e DVDs do Council on Library and Information Resources e o National Institute of Standards and Technology norteamericanos. Se 50 páxinas os botan para atrás aqui tenhen as recomendacións resumidas en 25 linhas.