30.6.04

Top 100

Codigo Cero, o medio galego de referencia no campo das tecnoloxias da informacion, apresentou onte a actualizacion da lista das cen paxinas web mais populares do pais, con cambios importantes. O top 5 e agora:

1. lavozdegalicia.es
2. xunta.es
3. fiestras.com
4. usc.es
5. caixagalicia.es

Nos ainda non saimos, pero e que a lista foi feita o dia no que comenzabamos...

29.6.04

Unha a conta da casa

Publicouse hoxe a ultima edicion do indice xeral analitico do boletin de Freepint, que, para os que non sexan familiares co nome, e o foro virtual dunha comunidade formada por mais de 60000 profisionais (maiormente bibliotecarios e documentalistas britanicos) que usan a rede para o seu traballo. A paxina web ten varias seccions, como critica de novas publicacions, bolsa de traballo, seccion de referencia rapida, eventos, e a minha favorita, o BAR. A pesar de que non serven Chablis nen Madeira, esta entre os meus favoritos: cada dia mais dunha ducia de usuarios deixa cuestions e peticions de axuda (que ian, esta manha, desde onde atopar artigos presentados no V Simposio de Xeoquimica Medioambiental, ou datos estadisticos sobre a potencia media dos computadores domesticos, ate discusions sobre pros e contras de diversos sistemas de xestion bibliotecaria), e receben numerosas respostas entre bastante cualificadas e totalmente maxistrais. O boletin existe desde 1997 e distribuese quincenalmente por correio electronico entre os membros rexistrados (por suposto o rexistro e gratuito) e pode consultarse en diversos formatos aqui.

28.6.04

Xornais de acceso libre

Avisa un contacto do sector informatico duro (o padrinho deste blog, Dani Blanco), dunha paxina mui interesante: CiteSeer IST, un buscador de artigos cientificos en pdf e postscript na rede. A iniciativa esta patrocinada pola National Science Foundation e Microsoft Research, e software e algoritmos son libres para usos non comerciais, polo que pode ser utlizado para bibliotecas dixitais de xornais de acceso libre, por exemplo. CiteSeer.IST non e unha coleccion documental, senon un potente instrumento de busca que ten como obxectivo facilitar o acceso e a difusion de traballos cientificos existentes na internet. As coleccions de xornais cientificos non de pago son numerosas: Free Full Text (Scientific Reference Resources), con mais de 7000 titulos, Electronic Journals Library (EZB) (universidade de Regensburg e universidade tecnica de Munich), cerca de 22000 titulos, dos cais 7000 gratuitos, e o Directory of Open Access Journals (DOAJ) (universidade de Lund), con mas de 1300, dos que cerca de 300 estan indexados a nivel de artigos (mais de 50000), estan entre as mais destacadas. Outros como Online books page - serials (universidade de Pennsylvania) ou looksmart Find Articles (Looksmart Ltd) son proxectos mais limitados. Non imos polemizar (hoxe) entre xornais e coleccions dixitais de acceso libre e bases de datos e subscripcions de pago, pero calquera biblioteca, especialmente academica, poderia facer peor que difundir estes recursos gratuitos entre os seus usuarios.

26.6.04

Website awareness

Recen catalogados por Artifact (parte de RDN): a fantastica base de datos de musica medieval da La Trobe University, chea de marabillas como esta, e a paxina web do Instituto Americano de Musicoloxia, adicado desde 1946 a fomentar o estudio da musica medieval, renacentista e barroca. Se queren estar ao dia dos novos rexistros en Artifact, so tenhen que se subscriber ao seu RSS. Mais canais RSS/ATOM de outros portais semellantes na seccion de enlaces de este blog baixo o titulo "Web awareness RSS/ATOM feeds", e para os novicios unha boa introduccion ao conceito de sindicacion, XML, RSS, etc. desde un punto de vista bibliotecario, neste artigo en LLRX.com. Sindiquense.

25.6.04

Berners-Lee en Clapham

Descubrin fai pouco que o inventor da web, Tim Berners-Lee, foi a escola no barrio de Londres no que vivo. Na paxina idem do Emmanuel College, que asi se chama, ven unha entrevista con el, evidentemente tirada dunha revista feita polos alunos. Non lle preguntan (ou non sae) se se ten arrepentido algunha vez de non pedir dereitos de autor polos HTML, HTTP, URI, etc., pero si sobre a relacion do libro coa internet ou sobre o uso de buscadores en traballos academicos. Sobre esto ultimo resposta cunha desas frases que son para enmarcar: ‘Research isn't about finding lots of information - it is about understanding it’. Claro.

24.6.04

Catalogando a rede

A avaliacion, descripcion e clasificacion de recursos na internet e unha area das tecnoloxias da informacion na que o bibliotecario ten muito que aportar. De esforzos dunha soa biblioteca, BUBL ou the List, a colaboracions rexionais, Librarians' index to the internet, nacionais, RDN, e incluso xa internacionais, Renardus, estes portais aportan un valor engadido que os usuarios (de fala inglesa, polo momento) aprecian, tanto en bibliotecas publicas como nas academicas. Mais sobre da modelica RDN proximamente.

Bon dia comunidade!

Ana Pinta (Real Gabinete Portugues de Leitura, Rio de Janeiro)
Tirado de fotolog.net/anapinta a traves de fotolog.net/libraries.
Un dia falamos do amor luso polos libros e o neo-gotico. Hoxe simplemente abrir este blog dirixido a comunidade bibliotecaria e/ou documentalista enredada galega cunha mirada ao fermoso pasado da profesion. Aproveito para facer desde xa unha invitacion a participar, xa colaborando na creacion de contidos, xa comentando os existentes. Agardo que BIBLIOBUS sexa do voso interese, alo menos e gratis...